
5º FESTIVAL DE HUMOR
- VENUE 5º FESTIVAL DE HUMOR (LARACHA)
- EVENT STARTS 05 May, 2017 - 00:00
[:es]
Descripción:
O considerado mestre de todos os monologuistas galegos, Quico Cadaval, actuará este venres a partir das 22:00 horas na Casa da Cultura da Laracha para pechar a quinta edición do Festival do Humor organizado polo Concello.
As entradas están á venda no Concello en horario de 9:00 a 15:00 horas ao prezo de 5 euros. O venres a partir das 20:30 horas poranse á venda os últimos pases na propia Casa da Cultura.
Antes de Quico Cadaval, nas últimas semanas subíranse ao escenario da Casa da Cultura os cómicos Moncho Borrajo, Evaristo Calvo e Oswaldo Digón.
[:]