Óscar rosende

THE GREAT SONGS OF DIRE STRAITS

OSCAR ROSENDE é considerado por moitos como o “Mark Knopfler galego”. Aclamado pola crítica e os fans, conta co recoñecemento á sua calidade interpretativa da obra de Mark Knopfler e dIRE sTRAITS, tal e como manifestou Guy Fletcher (teclista de dIRE sTRAITS e Mark Knopfler dende 1983) tras confundir o son do guitarrista galego cunha grabación orixinal de Knopfler: “Estaban tocando Why aye man e teño que dicir que pensei que era unha grabación nosa”.

Con máis de 250 concertos nas súas costas, 3 xiras internacionais por Alemaña, incluindo algúns concertos en Luxemburgo, París, Lisboa e Porto, e infinidade de concertos en España.